A programación de verán de Cultura e Turismo ata finais de setembro

 ‘Camiños de Cultura’ e ‘Galicia é Música’, estenderanse ata finais de setembro por preto de 200 concellos cun total de 627 concertos e funcións de teatro, danza, maxia e novo circo.


‘Galicia é Música’ componse de 63 concertos en 46 concellos galegos ata o vindeiro 23 de setembro. Susana Seivane, The Homes, Quempallou, Cristina Pato, The Blows, Banda Crebinsky, Di Elas, Nordestinas, Budiño, Marful, Roi Casal ou Nadadora son algúns dos 41 artistas e grupos que actuarán dentro deste programa, no que figuran así mesmo os catro embaixadores do Ano da Música: Berrogüetto, Mercedes Peón, Luar na Lubre e Xoel López.

Por outra banda, a través de ‘Camiños de Cultura’, que deu comezo o pasado 1 de xuño e se prolonga ata o 30 de setembro, un total de 163 concellos acollerán 564 citas culturais, das que 241 son representacións de teatro e danza, 128 concertos, 116 funcións de maxia e 79 de novo circo. Nesta caso, a programación está protagonizada por 162 formacións artísticas, todas elas galegas, e conta cun orzamento total de 800.000 euros, do que a Consellería de Cultura achega un 55%, mentres que o resto corresponde aos concellos implicados.

Programación ‘Galicia é música’ 

Programación ‘Camiños da cultura’ 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar